Semana da poesía na Casa das Campás


Reunir poetas e poetisas de diferentes xeracións, chegados desde diferentes partes do Estado, e cuxa obra teña dous denominadores comúns, a súa calidade e a súa capacidade para chegar ao público. Estes son os criterios que rexeron a organización ciclo 6 días, 6 poetas, que a Vicerreitoría do campus promove co obxectivo de achegar este xénero literario á cidadanía e que desenvolverá a súa terceira edición entre este o luns e o sábado. Luis Alberto de Cuenca, Rocío Arana, José Mateos, Itziar Mínguez, Juan Ramón Barat e Javier Salvago serán os seis protagonistas desta serie de coloquios que arrincarán o vindeiro luns, na sede da Vicerreitoría, co Premio Nacional de Poesía e Premio Nacional da Crítica Luis Alberto de Cuenca.

As sesión están programadas para as 20 horas entre o luns e o venres e ás 12 horas a do sábado.

Abrirá o ciclo Luis Alberto de Cuenca, un filólogo, tradutor, ensaísta, crítico, editor e poeta cuxa extensa traxectoria literaria foi distinguida con recoñecementos como o Premio Nacional da Crítica en 1985 e o Premio Nacional de Poesía en 2015. O autor, que será presentado polo crítico literario Ramón Rozas, foi secretario de Estado de Cultura e director da Biblioteca Nacional.

O martes chegará a quenda da sevillana Rocío Arana, que será presentada pola profesora Cristina Ferradás. O ex-profesor da Universidade de Vigo Fernando Romo introducirá ao escritor, pintor e editor José Mateos na sesión do mércores. O xoves estará en Pontevedra a vasca Itziar Mínguez, que será presentada pola profesora María Jesús Fariña.

Xa o venres, José Montero Reguera, encargarase de presentar a Juan Ramón Barat. E o sábado pechará o ciclo Javier Salvago. Será presentado polo escritor e presidente do Ateneo, Xaime Toxo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Semana da poesía na Casa das Campás