«Non sei se eu teño corda para rato... o importante é que a teña o PP»

M.H. MORAÑA / LA VOZ

PONTEVEDRA

RAMON LEIRO

Luísa Piñeiro, a alcaldesa de Moraña, foi outra das gañadoras do 26M. Revalidou a maioría absoluta, logrou que o PP teña un concelleiro máis, e encara o terceiro mandato.

-Os resultados son moi positivos, ¿a que cre que se debe?

-Penso que os veciños valoraron, sobre todo, a proximidade que teño con eles. O feito de que sempre atendo persoalmente a todos.

-Encara xa un terceiro mandato, vertixe ante tantos anos seguidos na primeira liña ou ten corda para rato?

-Vertixe non, estou moi a gusto. Non sei se eu teño corda para rato... o importante é que a teña o PP, porque isto non é só unha cousa miña. O importante é o equipo que formamos todos. Esa é a clave.

-O PSOE, noutro tempo poderoso en Moraña, parece que non da tocado fondo...

-O certo é que si tivo un baixón importante, xa que pasa de tres a un concelleiro.