Chega o Ano de María Victoria Moreno

O acto central do 17 de maio celebrarase nesta cidade e o Salón do Libro estará dedicado á escritora pontevedresa

.

O presidente da Real Academia Galega confirmou onte en Pontevedra que o 17 de maio o acto central do Día das Letras Galegas 2018, dedicado a escritora e profesora pontevedresa María Victoria Moreno, celebrarase no Teatro Principal desta cidade, onde, como é habitual nesa data, reunirase o plenario da RAG en sesión extraordinaria.

Víctor Freixanes, acompañado polo secretario da institución lingüística, Henrique Monteagudo, e da tesoreira, Marilar Aleixandre, mantivo onte unha reunión no Concello co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, para abordar as liñas xerais da programación do Ano María Victoria Moreno.

Ao homenaxe que se lle renderá a esta recoñecida escritora súmase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrará en abril no Pazo da Cultura baixo a temática Mulleres de Conto. Ela será una peza clave do salón, no que tamén terá presenza a Real Academia Galega, e outras citas culturais.

O goberno local porá a disposición da RAG todos os medios necesarios para darlle maior relevancia aos actos que vai celebrar nesta cidade, a maiores dos que organizará o propio Concello e mesmo a Deputación ao longo do ano, nos que se pretende implicar a toda a cidadanía.

Tratala reunión mantida onte, Víctor Freixanes destacou que aínda que María Victoria Moreno naceu nun pobo de Cáceres (Valencia de Alcántara) por elección propia era galega e pontevedresa. «A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor» declarou ela mesma.

O presidente da RAG referiuse ás razóns nas que se fundamenta a súa elección como figura das Letras Galegas 2018: A calidade da súa obra coa que enriqueceu o noso idioma, tanta na narrativa infantil e xuvenil como nos estudos literarios, no ensaio e na poesía; pola súa condición de ensinante da lingua e a literatura galegas; tamén por decidir ser galega e pola aposta da Academia de darlle as mulleres a posición e representatividade que merecen na vida do país.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Chega o Ano de María Victoria Moreno