«Roller dance» e «Morte por chocolate» para animar a finde

La Voz

PONTEVEDRA

Noites Abertas regresa esta noite cargado de propostas. O Froebel acollerá obradoiros de baile latino (20.30-22), Videomatón (20.30), tenis de mesa libre (20.30-00), microteatro nunha mesa (21-23), xogos de mesa non convencionais: cartas (21-23), e Cultivando a sexualidade (21.30-00). A Casazul será escenario de Morte por chocolate (postres) (21-22.30), e Pilates-Mat! (21.30-22.30), mentres o parque de cans será o dunha clase de adestramento canino (18-19), e o camposanto de san Mauro un paseo nocturno guiado (21-23), e as TeleNoites (21.30-23.30). Mañá o Froebel acollerá tenis de mesa (20.30-00), cestería (20.30-23), papiroflexia: lámpadas (21-23), Roller Dance (21.30-22.30) e pasteis con decoración (22-00), entre outras.