1 A verdade é que, nestes intres de crise económica, un dos maiores problemas que ten o noso concello é o desemprego, a pesares de que somos o concello co menor número de desempregados da comarca.
2 Pois conseguir que os desempregados que existen en Portas acaden un posto de traballo, todo elo con medidas activas de emprego e formación.
3 Considero que o pobo é o que ten que decidir se un alcalde debe ou non seguir no cargo. Polo tanto, ¿por que limitar un mandato cando unha persoa recibe o apoio dos seus veciños e veciñas? Eles son os que deben poñer fin aos mandatos.
4 Como todo, depende da causa pola que se atope imputado un alcalde ou un concelleiro. E de estar imputado non significa ser culpable, xa que a presunción de inocencia está recollida pola xustiza, e ata que haxa unha sentenza firme considero que o candidato está no seu dereito de presentarse.
5 Pois nestes intres atópase en redacción o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Portas, o cal esperamos ter rematado en tres ou catro anos, segundo o cronograma aprobado pola Xunta de Galicia, dado que se trata dun documento moi importante que marcará o futuro do noso concello. Intentouse en varias ocasións redactar un PXOM, pero sempre nos vimos afectados polos cambios na Lei do Solo. Esperemos que nesta ocasión, si se aprobe.
6 Como ben saben os veciños de Portas sempre loitei para que non se pechara a estación de tren, poñéndome incluso diante das vías, feito polo que fun sancionado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Considero que deberiamos buscar o xeito de que se puidera seguir utilizando para trens de cercanías.
pp roberto vázquez souto