«A revisión do PXOM é obrigada»

La Voz

PONTEVEDRA

1 A falta de desenvolvemento nestes anos de alternativas económicas, a ausencia de chan industrial e o obxectivo non acadado de ampliar a oferta turística todo o ano son problemas graves.

2 A aposta por desenvolver o polígono a través da iniciativa privada fracasou e no grupo de goberno houbo enormes erros de xestión e tramitación. A execución do aval é insuficiente e será o Concello quen teña que rematar as obras. A proposta do BNG é que calquera investimento a máis se faga no polígono a cambio de máis superficie ata acadar o 25%. É dicir, cobrarlle á empresa urbanizadora en terreos.

3 O BNG está convencido de que potenciar un concello de cara aos nosos veciños terá un reflexo productivo de cara ao obxectivo da desestacionalización. En definitiva, poñer en valor os nosos espazos naturais e fluviais, a cultura e as tradicóns, a gastronomía, darlle protagonismo ao rural e xerar actividad deportiva e náutica.

4 É obrigada a revisión do actual PXOM por fracasado e inxusto. Fomenta a promoción de grandes urbanizaciósn de segunda residencia e mutila o crecemento dos núcleos tradicionais.

5 Cunha reestruturación da actual superficie portuaria de Portonovo, redistribuíndoa para un aproveitamento óptimo dos servizos. O novo centro de piragüismo ten cabida nunha localización concreta ás proximidades da rampa.

bng david otero