Nadalocio volve cos patíns

PONTEVEDRA

A pista de xeo e o parque de ocio abrirán do 19 de decembro ao 11 de xaneiro para diversión familiar

11 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A pista de xeo e o parque de ocio, que funcionarán do 19 de decembre ata o 11 de xaneiro no Recinto Ferial de A Xunqueira, voltarán a ser as actividades estrela deste Nadal para a diversión en familia, pero sobre todo dos máis mozos e cativos da casa.

Nadalocio sigue fiel a súa cita cos pontevedreses dentro da programación lúdica do Concello para estas fiestas navideñas, que onte presentou a concelleira Lola Dopico. A pista de xeo funcionará tódolos días desde as 16.30 da tarde ata as 23 horas. Os venres e sábados o horario nocturno ampliarase ata a 1.00 da madrugada. E os sábados y domingos tamén estará a disposición dos usuarios pola mañá de 11 a 14 horas. O precio é de 6 euros, 1 por entrar no recinto e 5 euros polo uso da pista.

O parque de ocio, tamén instalado no mesmo recinto, disporá como outros anos de todo tipo de xogos inflables para os cativos, ademais de diversos obradoiros de maquillaxe, traballos manuais en coiro e otras actividades de lecer. O horario neste caso é todos os días de 16.30 a 22 horas, e hai que pagar 1 euro de entrada ao recinto e 3 euros por participar nas actividades.

No exterior das instalaciones feriais tamén se vai a instalar un circuito de karts para adultos e para nenos.

Nadalcio só pechará os días 24 e 31 de decembro, Noite Boa e Fin de Ano, e o 5 de xaneiro, festividade dos Reis Magos.