Coa formación en Pontevedra, Nano 4814 expuso na Tate e volve ao seu Vigo natal para mostrar a súa obra
05 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.A principios de verano, o nome de Nano 4814 apareceu na prensa galega e nacional por ser o único español que participaba nunha exposición da Tate Modern. Para moitos segue sendo o «grafiteiro vigués da Tate», a pesar de que Nano, como lle chaman os seus amigos e coñecidos, nin expuso dentro do museo inglés nin fixo un grafiti.
Participou nunha exposición que montou o museo londinense pero nas rúas aledañas e como algúns outros dos 30 artistas urbanos participantes a preferiu deixar a un lado o grafiti. Fixou unha instalación na rúa, colocando carteis lumínicos antigos que recolleu da rúa e que restaurou e decorou.
A pesar de que cada vez lle xorden máis proxectos dentro de circuítos artísticos convencionais, non deixou de facer arte na rúa. Fíxoo durante a metade da súa vida, quince dos trinta que ten. Empezou no centro de Vigo cun grupo de amigos tolos polo skate.
No 97 foise a estudar Belas Artes a Pontevedra e non o abandonou, ao igual que cando viviu fora e estes últimos catro que pasou en Madrid. Onde viviu e por onde ha pasou nas súas viaxes foi deixando a súa pegada na que se repite o símbolo dun choco soltando a súa tinta.
Nano non abandonou nunca o grafiti pero nos últimos tempos está traballando moito con carteis lumínicos. Recólleos da rúa, restáuraos e decora e lle da un novo sentido. O seu fin publicitario súplese por unha mensaxe e se instalan en zonas abandonadas ou en edificios en ruínas.
Para conseguir a luz, conéctaos á farola máis cercana e alí os deixa. «Me gusta del arte en la calle porque es efímero, dura lo que dura y no tienes que estar cuidando las obras». En Vigo aínda resiste un cartel que colocou na rúa López Neira hai cuatro años.
Leva un tempo asentado en Madrid onde da clases de serigrafía nun instituto e hai todo tipo de proxectos que lle permiten vivir únicamente da súa creatividade. Ilustración, escultura, deseño gráfico, grafiti, videoinstalaciones...
Nano xa experimentou con todo e participou en exposicións colectivas por toda Europa. Por iso, non lle da máis valor á exposición da Tate que ao resto. «La de Londres ha sido una más. Quizás esta ha tenido más repercusión, pero eso ya no depende de mí».
Agora, tócalle o turno a Vigo. Este artista hegou o martes á cidade cunha furgoneta chea de obras. Desde o mércolres permanece pechado na galería Adhoc onde a partir do 11 de setembre se poderá visitar a súa exposición El principio del fin. É a segunda mostra individual da súa carreira e tamén a segunda que fai na galería, aínda esta vez ocupa a sala principal. Trae esculturas, cadros, instalacións e os espráis necesarios para un par de murais.
Nano quedarase en Vigo hata pouco despois da inauguración. Ten que volver a Madrid para acabar unha réplica en madeira do cartel que fixo para o Tate. Encargáronlla en París para unha subasta. Ademais, ten que empezar a preparar un par de exposicións que xa ten cerradas.
Primeiro irase a México para participar nunha exposición colectiva e logo fará a súa primeira exposición individual fora de España. Será en Luxemburgo nunha pequena galería que lle conseguiu un amigo.