Luz verde para o ambulatorio de Vilalonga

La Voz LA VOZ | SANXENXO

PONTEVEDRA

Patrimonio da Xunta emitiu onte un informe favorable para o proxecto de construcción do novo ambulatorio de Vilalonga. O departamento da Consellería de Cultura e Deporte analizou se o solar de O Revel onde se levantará o centro era edificable, posto que se atopa entre dous pazos. «Aínda que con certo retraso, é importante que Vilalongsa conte cos servizos que precisan os seus veciños», afirmou a alcaldesa, Catalina González.