MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES El alcalde nacionalista apela ao «secreto de confesión» para eludir comentar as exixencias de cada grupo
16 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.-Non é eso. Nós imos negociar certa presenza nunha coalición que ten un cabeza de lista. De alcaldesa quedará cando se teña que ir o alcalde titular. Xa no mandato anterior fixemos eso con normalidade absoluta, cumprindo Teresa Casal a miña función só cando eu non estaba. O que si ten que haber é unha gran coordinación e ela será a responsable obviamente das áreas que coordine. -Non hai culpables. Este é un proceso dunha trascendencia importante e o que queremos é que o goberno funcione, que non haxa ningún tipo de interferencias e, en todo caso, negociar que as responsabilidades de cada un sexan as xustas en base á súa representación. É un problema máis ben de tempo. -Non. Eu creo que aquí, por parte do BNG e do PSOE, houbo sempre intención de chegar a acordo e gobernar conxuntamente, independentemente do acordo marco que engloba todo esto, como fixemos no mandato anterior. O apoio para a alcaldía é un comportamento normal desde o 99. O tema que estamos discutindo é máis de organización e funcionamento do novo goberno para os próximos catro anos. -Digamos que eso é secreto de confesión. Nós temos o compromiso de non facer público nada mentres non haxa acordo ou desacordo e o vamos cumprir. -A maior garantía de que haxa un goberno estable é de que cada un se sinta representado. -Porque eso é inevitable. Non pode quedar o alcalde só como responsable de todo o Concello. Xa o fixen da outra vez e todo o mundo sabe que é un goberno provisional. 7 -Non o sei. Eu espero que o pacto non se demore e que cheguemos a acordo o antes posible.