Comercio con sentido

La Voz CH. L. | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

RAMÓN CAPOTILLO

En directo | Exposición Xoán Arellano é o autor das ilustracións dunha exposición itinerante que se inaugurou onte na Biblioteca enmarcada nunha nova campaña de SI sobre consumo responsable

04 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?olidariedade Internacional abriu onte na Biblioteca Pública de Pontevedra unha exposición titulada Comercio con Sentido, dirixida especialmente a escolares, que se complementa cuns obradoiros que se celebran nos centros educativos de primaria e secundaria. A idea, segundo explicou Teresa Boedo, é acercar o tema do comercio xusto e o consumo responsable para acabar coas desigualdades entre os países produtores e os consumidores. Nos obradoiros, os nenos representan distintos papeis, como agricultores, intermediarios, empresarios ou consumidores, para que se den conta dos intereses que median desde que un produto se cultiva ata que chega a nos. O debuxante pontevedrés Xoán Arellano é o autor das ilustracións desta exposición, que tamén se recolle nun cómic. O autor indicou que non é de SI pero «comulgo co sus ideas» e cando se enteróu, por unha amiga da devandita organización, de que tiñan en mente facer unha exposición pero que non conseguían levala adiante, ofreceuse para facelo. «Me base en el humor -dixo-, porque considero que el humor es más directo para comunicar algo y especialmente en este caso que está dirigido a los niños. Explicar como funciona el Fondo Monetario Internacional o el Banco Mundial es difícil de plasmar por lo que intenté darle un toque de humor y no caer en el diseño de siempre: el rico gordo y con chistera, y el campesino pobre y hecho un desastre». O resultado pode verse na Biblioteca Pública, de 9 a 21 horas, de luns a venres, e os sábados, de 10 a 14 horas, ata o 17 de xuño. Na mostra recóllense temas como as relacións comerciais norte-sur, os actores do comercio internacional, as inxustas regras que definen as políticas comerciais e tamén produtos como o café, a segunda materia prima que se exporta despois do petróleo, o té ou o cacao. Se amosa onde e como se producen, quen os trasforma e como se distribuen os beneficios deste comercio. A campaña presenta os problemas pero tamén as solucións: o comercio xusto.