Concerto de Leilía

La Voz

PONTEVEDRA

TEATRO PRINCIPAL | 20.30 HORAS

20 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

O grupo Leilía, que toma o seu nome dunhas determinadas e antigas coplas populares galegas, ofrece un concerto que apoiado nas súas cinco voces, aposta pola tradición oral galega. As entradas para este concerto, enmarcado no circuíto 4x4 da Consellería de Cultura e Deporte, custan 5 euros, 3 para desempregados, estudantes e xubilados.