Rutas cicloturísticas

La Voz

PONTEVEDRA

PRAZA DA PEREGRINA | 09.30 HORAS

14 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Os cicloturistas do Románico visitan hoxe a igrexa de San Salvador de Setecoros, en Valga, nunha etapa de 80 kilómetros, con regreso programado para as 13.30 horas. Como sempre, efectivos do Sub Sector de Tráfico da Garda Civil protexerán aos ciclistas. Por outra banda, mañá, luns, ás 20 horas, terá lugar a inauguración da exposición fotográfica Vintecinco anos de Rutas Cicloturísticas do Románico Internacional, na sede do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, na praza de Curros Enríquez. A mostra estará aberta ata o 30 de abril.