Celso Bugallo volve ao teatro

La Voz

PONTEVEDRA

BENITO ORDÓÑEZ

Praza da Ferrería O actor pontevedrés ensaia estes días co Centro Dramático Nacional a súa volta aos escenarios despois de máis de cinco anos coa obra «Mujeres sonarán caballos», xunto a actriz Blanca Portillo

14 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Hai máis de cinco anos que o Goya pontevedrés Celso Bugallo non pisaba un esceario. O cine, ao que lle está tan agradecido o actor, ten a culpa. Pero precisamente o seu recoñecemento como intérprete a través de películas como Los lunes al sol ou, sobre todo, Mar adentro, permitiulle agora ser un dos principais protagonistas da nova montaxe do Centro Dramático Nacional, Mujeres sonarán caballos, unha obra de Daniel Veronese que se estreará en Madrid o vindeiro 12 de abril. Neste drama, que aborda a quiebra dunha empresa familiar na que participan tres irmáns, Bugallo fai o papel do maior e xa adiantou que a obra «termina en una tragedia familiar». O pontevedrés, que leva ensaiando desde o pasado mes de febreiro, indicou tamén que a montaxe estará ata xuño en cartel no Teatro Valle-Inclán de Madrid, aínda que non se prevé xira por ningunha outra cidade española. «Estoy muy a gusto -indica o actor, que comparte cabeceira de cartel xunto á chica Almodóvar, Blanca Portillo-. Y con Blanca he conectado muy bien». Nada maís terminar as funcións, Bugallo ten previsto rodar en xuño con José Antonio Quirós (Pídele cuentas al Rey) Cenizas del cielo, pero ten tamén pendentes de estrea dúas películas, a ópera prima de Tristán Ulloa, Pudor, e Los totemwackers, de Ibón Cormenzana, na que traballou coa veterana Geraldine Chaplin. De alta Outra boa noticia é a recuperación do concelleiro do PP e presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, que xa foi dado de alta tras sofrir a pasada semana un infarto. Tan ben se encontra que mandou un correo agradecindo a todos aqueles que o visitaron ou chamaron o seu interese. Desde aquí lle desexamos unha total recuperación, agora xa desde a súa casa. Contentos estaban tamén os representantes de cerca de 800 agrupacións da provincia que participan no presente ano no plan cultural promovico pola Deputación. Onte foron recibidos no Pazo Provincial polo seu presidente, Rafael Louzán, xunto co vicepresidente, José Juan Durán. Un grupo de cotobadenses tiveron ocasión de visitar Asturias dentro do programa Descubrindo rincóns, que promove a concellería de Cultura de Lina Garrido. Acompañados pola guía Soledad Otero os veciños tiveron ocasión de coñecer vilas como Luarca ou as verdes paisaxes dos Picos de Europa. O día 31 haberá outra excursión a terras de Lugo. Outros que están de viaxe, neste caso profesional, son os alumnos do ciclo superior de Restauración do IES Carlos Oroza, que asistirán á Feria Alimentaria de Castilla y León, en Valladolid. Os estudantes aproveitarán a saída para facer visitas guiadas a empresas como Nestlé-Maggi ou bodegas, ademais do Museo del Vino de Peñafiel.