«É certo que fun a veces un concelleiro bombeiro»

Alfonso González PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

FIRMA

Entrevista | Xosé Lois Veiga Lage ÚNICO EDIL DO BNG QUE NON IRÁ NA LISTA DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS Di que a súa ausencia na candidatura do Bloque non ten que ver co desgaste como concelleiro de Persoal, senón coa dificultade de compaxinalo co seu traballo de profesor

05 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?segura que foi el quen pediu hai meses non continuar na política municipal ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. «Tiña a decisión pendente, é dicir, tiña que optar -explica-. En oito anos me neguei a optar entre dedicarlle tempo á política e a miña profesión. E estiven compartindo as dúas, pero cheguei á conclusión, non agora, senón hai dous anos, de que era imposible. No meu caso podo dicir que é realmente difícil compaxinar dous traballos. Chega un momento en que tes que decidir, porque non podes vivir exclusivamente para traballar». -E iso que é un dos privilexiados, porque traballa como profesor co cal aínda dispuña dun colchón para esa dedicación. -Si e non. En educación efectivamente traballas menos horas á semana que outros. Pero tamén ten unha cuestión, e é que a miña hora de entrada é a que é, porque me están esperando corenta persoas, mentres que se estivera nunha oficina sempre tes un mínimo de marxe para entrar. -Ou sexa, que a súa marcha non ten que ver co conflito laboral. -Non, en absoluto. Eu decido deixalo o 15 de decembro, que é o día que firmei o preacordo cos sindicatos. Levaba desde dous anos pensándoo, pero nese momento entendo que podo tomar a decisión con máis liberdade. Sen ese preacordo ao mellor me tería costado moito máis tomar a decisión, probablemente por ese tipo de interpretación. -¿Con que sabor deixa a política activa, ao menos, de momento? -Eu por un lado estiven nun grupo moi cómodo. Traballar co alcalde é tremendamente cómodo, date as responsabilidades e respeta moi ben os espazos. E o único que si, despois de tomar a decisión, onte ao verme nos medios, pois da un pouco de pena. Ao final esto termina enganchando e é outro dos peligros que ten a política. -Vai perder esa dose de personaxe mediática. -Non, esa nunca me gustou e seguro que non a vou botar de menos... -¿Que opina da incorporación á lista do BNG de Lola Dopico? -É bo que entre xente que non estea neste círculo ás veces un pouco pechado da política. Creo que é importante que nas organizacións entre aire fresco, que sempre é bo. -De todo o que fixo ¿que é o que lle deixa máis satisfeito e cal é a espina que non puido chegar a facer? -Eu estou contento de todo o traballo. É certo que fun ás veces un concelleiro bombeiro, é dicir, cos temas máis espinosos sempre terminaban recaíndo en mín, dalgunha maneira, quizá porque por carácter teño máis paciencia. Quizá foron máis agradables as concellalías que tiven no primeiro mandato, pero en cambio as do segundo eran de maior responsabilidade e máis difíciles de levar. Pero non levo en absoluto unha mala impresión.