FOGAR DO MAIOR | 18.00 HORAS
12 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos, Luis Amaro Cendón, falará sobre Medicamentos e consumo saudábel, no Fogar do Maior da rúa Alameda. A charla virará en torno aos perigos que conleva a automedicación e o abuso indiscriminado de certo tipo de medicamentos de uso xa xeneralizado. Tamén abordarase a baixada das tarifas dalgúns medicamentos a partir do vindeiro 1 de marzo, a posible inviabilidade da medida polo pouco tempo material para realizala e a precaución na solicitude de medicamentos por parte das farmacias.