Praza da Ferrería Os xornalistas de Pontevedra celebraron o vernes ao seu patrón e elexiron ao subdelegado e o alcalde como premios laranxa e limón
10 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Facendo oídos xordos a todo o que soara a exclusiva ou compentencia, aproximadamente setenta xornalistas, técnicos, fotógrafos e cámaras de Pontevedra e súa bisbarra celebraron o vernes pola noite ao seu patrón, San Francisco de Sales. Como soe ser habitual, os asistentes votaron os premios laranxa e limón que galardoan a aqueles persoeiros e institucións que axudan ou entorpecen a labor dos profesionais. Nesta edición, os xornalistas destacaron a predisposición e atención do subdelegado do Goberno. O segundo máis votado, a moi curta distancia de Delfín Fernández Álvarez, quedou o sempre xenial John Balan. Tamén Roman Santalla e Internet acadaron moitos votos. En canto ao limón, a competición estivo moi disputada ainda que, por moi escaso marxe, saiu elixido Miguel Anxo Fernández Lores. Entre os motivos esgrimidos estaba o vetar a un xornalista nunha entrevista. Cesar Mosquera voltou quedar en segundo posto... Unha posición que repite dende a creación dos premios hai catro anos, mentras que o aspirante a alcalde Telmo Martín quedou terceiro. Os xornalistas pontevedreses fixeronlle unha cálida homenaxe aos catro compañeiros da RTVE que se prexubilan: José Aguinaga, Marcelo Otero, Manolo Yáñez e Juan García. A volta de Balan De festa tamén estiveron onte no asilo, coa volta ao escenario dun dos seus residentes, o showman John Balan, o vaqueiro de Seixo, que recordou as anécdotas da súa vida artística. Recuperándose día a día da doenza que lle impide moverse como quixese e cantar, volveu mostrar o seu dominio do escenario cos seus monólogos brillantes e chistosos, que fixeron rir a un auditorio entregado, no que estaban os seus compañeiros e tamén outros pontevedreses que acudiron a velo, como Rafael Pintos, con quen compartiu protagonismo nunha serie de TVG. ? Xornal pola igualdade Onte foi igualmente unha xornada especial para os alumnos que participaron na elaboración dun xornal pola igualdade, que repartiron alumnos dos colexios Doroteas e A Xunqueira I na praza da Peregrina. Trátase dun proxecto de Solidariedade Internacional que contóu có apoio de Ana María Rodríguez, unha dirixente da organización Madre Tierra que defende os dereitos das mulleres indíxenas. Mañá estarán no programa Voces de Pontevedra de RadioVoz.