Renovación da sala infantil

La Voz

PONTEVEDRA

? partires de xaneiro, a sala infantil da biblioteca será obxecto dunha total renovación. A delegada provincial da Consellería de Cultura, Marta Souto González, indicou onte que se reporá o mobiliario, cunha inversión de 30.000 euros, e tamén se mercarán novos volumes, para o que se destinarán outros 76.000 euros. O director do centro, Pablo Gómez, explicou que con esta última subvención se pretende «diversificar a oferta», coa adquisición de máis audiovisuais de cine, música e tamén actualizar os fondos no que se refire aos cómics. «Queremos ser un centro de ocio, ademais de cultura», indicou. Por esta sala infantil, pasaron 23.205 nenos no 2005, que pediron un total de 14.920 préstamos.