CENTRO CAIXANOVA |20.30 HORAS
21 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Os alumnos da orquestra e do coro do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra ofrecen hoxe un concerto a beneficio da organización non gobernamental Unicef. As entradas teñen un prezo de 3 euros para os adultos e 1 para os nenos e pódense adquirir na tenda que Unicef ten polo Nadal nas Novas Galerías Oliva e tamén en taquilla. O recadado neste acto benéfico destinarase integramente á defensa dos dereitos da infancia.