O comisario amosase esperanzado de que o grupo axude a paliar a problemática delictiva A unidade reforzarase en virtude da situación e nas franxas horarias máis conflictivas
06 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Dende hai algunhas semanas, o Grupo Operativo de Resposta (GOR) da policía nacional colabora nas tarefas de seguridade en Pontevedra. Trátase de máis dunha vintena de axentes baixo a responsabilidade do xefe de seguridade cidadán da Comisaría provincial. José Manuel Salgado, máximo responsable deste corpo nas Rías Baixas, destacou que a unidade pontevedresa «está dando un bo resultado». Precisou, neste sentido, que «hai un equipo que está de noite», ao tempo que suliñou o feito de que o GOR se move «en función das demandas que se teña» nun momento determinado. Esta circunstancia provoca que, a diferenza doutras unidades no seo da policía nacional, «non ten un horario fixo nin un dimensionado de persoal», esto é, que o número de axentes que realizarán unha intervención determinada virá marcado pola propia situación: «Móvense en virtude das necesidades que ten a cidadanía», resaltou José Manuel Salgado. Esta forma de actuar tamén condicionará a presencia nocturna ou diurna de funcionarios adscritos ao GOR. «Traballarán pola noite ou polo día dependendo da incidencia da actividade delictiva», de xeito que «si vemos que hai máis pola noite, que temos algún problema puntual, pois refórzase o servizo de noite e viceversa». Movida nocturna En calquera caso, o comisario pontevedrés amosouse esperanzado de que esta unidade especializada «axude a paliar parte da problemática delictiva», especialmente nos ámbitos da movida nocturna, o gamberrismo o a loita contra o tráfico de drogas a pequena escala. Ademáis, o GOR reforzará a modo de unidade de intervención as actuación que realicen outros equipos da Comisaría provincial de Pontevedra. Nestos suposto, o Grupo Operativo de Resposta fará labores de reforzo da seguridade doutras unidades ordinarias, tal e como precisou o máximo responsable pontevedrés do Corpo Nacional de Policía. A modo de conclusión, Salgado quixo deixar claro que a «seguridade total non existe. É unha utopia».