Praza da Ferrería A mostra das obras realizadas por artistas en San Martiño Pinario chega á cidade
06 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Onte inaugurouse na cidade, e máis concretamente no Pazo da Cultura, a exposición Resistentes, froito do traballo realizado por 30 artistas plásticos no seu retiro no Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, durante o mes de setembro do 2005. A iniciativa xurdiu canto a Xunta concedeu unha bolsa en residencia para a produción dunha obra a vinte artistas galegos e dez doutros lugares de España, Alemania e Chile. Vanesa Díaz, Raquel Durán, Rubén Vilanova, Mar Vicente, Mauro Trastoy, Joan Saló Braut, Amaya González, Iván Prieto, Mar Vicente, Isabel Gil e Enrique Lista son algúns dos artistas que exhiben as súas obras nesta mostra de todo tipo de xéneros -fotografía, pintura, escultura...-que estará aberta todo o mes de novembro, de 18 a 21 horas, de martes a venres, sábados, de 11 a 14 e de 18 a 21 e domingos e festivos, de 11 a 14 horas. Semana da Ciencia Por outro lado, alumnos de secundaria dos institutos de achéganse estes días ata o Facultade de Ciencias Sociais do campus de Pontevedra para coñecer de mans dos propios profesionais, o mundo da comunicación e o traballo que hai detrás dunha foto impactante, dun videoclip, ou dun anuncio publicitario en televisión. Estas visitas, de dúas horas de duración, lévanse a cabo polas mañás e pola tarde, dentro da Semana da Ciencia. Os rapaces terán ocasión de asistir a clases de fotografía, onde se lles explicará o proceso de revelado; iluminación ou de realización televisiva. Nestas xornadas de portas abertas na Semana da Ciencia queren amosar a importancia desta área de coñecemento. As ciencias da Comunicación facilitan a base teórica e tecnolóxica para que as narracións gráficas e audiovisuais cheguen dun xeito claro ao consumidor final. Promoción turística Tamén esta semana, Turismo Rías Baixas está a promocionar a provincia de Pontevedra na feira Worl Travel Market (WTM) de Londres, que comezou onte, luns, e pechará o vindeiro xoves. Se trata dun bo escaparate pois na edición do 2005 visitaron esa feira 48.211 profesionais do sector e acudiron a capital inglesa 202 países. O presidente e o director de Rías Baixas, José Manuel Figueroa e Octavio Rodríguez, están xa en Londres, onde hoxe, no posto de Turespaña na feira, darán a coñecer o material de promoción da provincia. Por outra parte, Turismo Rías Baixas acaba de poñer en marcha o número 28 da súa revista dixital, en formato pdf, Azul e verde. Nela se propón una ruta de senderismo por A Freixa (A Lama) e se fala da arte rural en Meaño e das especies micolóxicas das Rías Baixas, entre outros temas. A revista ten enlaces directos a noticias relacionadas co turismo na provincia e coas actividades levadas a cabo polo Padroado. ?ítulo Texto