Praza da Ferrería Manuel Castro e Félix Gende, profesores do Santiago Apóstolo, repasan nun libro editado pola Deputación os sesenta anos do centro da organización de cegos
13 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.No ano 1941 o que sería o primeiro director do colexio Santiago Apóstolo, José Benito Pérez, foi o verdadeiro artífice de que este centro, que posteriormente se converteu nun referente na educación das personas cegas, se construise en Pontevedra e non nas outras cidades galegas que aspiraban a contar con a sede, A Coruña, Vigo ou Santiago. Manuel Castro e Félix Gende contan no libro que recolle a historia do colexio que Benito «estivo máis áxil» e conseguiu a actual finca onde se ubican as instalacións da ONCE, que pertencía aos maristas, pola cantidade de 500.000 pesetas de entón, das que a mitade conseguiu que as subvencionase a Deputación Provincial. Dos anos máis tarde da compra da parcela, o colexio abriu as súas portas e funcionou como tal ata o 2001, en que quedou como centro de recursos da ONCE. Na obra, que onte presentaron os autores na sede cultural de Caixanova, os autores quixeron plasmar «los cambios fundamentales» que ocorreron nestes sesenta anos de traxectoria, «tanto políticos, como religiosos, y la transformación del colegio». O de Pontevedra foi o segundo centro da organización de cegos en España, despois do de Madrid, que naquel intre estaba xa masificado, e precisamente o seu primeiro nome foi o de Colexio Número 2. Non sería ata finais dos anos 50 en que tomaría o seu actual nome, influido pola moda da época de por nomes relixiosos. Ao longo destes sesenta anos, 1.074 alumnos se matricularon no centro, procedentes de Galicia e outras comunidades autónomas, especialmente Asturias, País Vasco ou Castela, ademáis de recibir tamén estudiantes de Madrid cando aquel centro estaba saturado. Das actividades que desenvolveron no colexio amósanse tamén unha manchea de retratos, feitos, algúns deles, por autores recoñecidos. Curiosamente, se a Deputación financiou no 1941 a mitade da compra da finca da ONCE, agora colaborou de novo coa entidade editando este libro, a través do Servizo de Publicacións da institución. «Escribió el prólogo y ahora ha vuelto a intervenir en el epílogo», suliñaron os autores da obra. Ambos profesores -Félix Gende, ademáis foi alumno do Santiago Apóstolo- senten nostalxia cando se lles pregunta polo futuro das instalacións, xa que hai que recordar que a ONCE trasladará as súas dependencias ao barrio da Eiriña e o actual centro quedará como un complexo integral para atención a maiores e discapacitados. «Hay un sinfín de anécdotas que recordamos y desde luego recordaremos el centro como un referente», sinalan os autores.