Cinco proxectos optan ás últimas axudas do plan Proder

La Voz LA VOZ | MARÍN

PONTEVEDRA

? Fundación Comarcal do Morrazo recibíu cinco peticións de axuda dentro da última convocatoria de subvencións do plan Proder. Estas solicitudes pasarán agora a exame por parte de Agader, que deberá informar sobre a súa viabilidade e a contía das aportacións. Dous destes proxectos son de Moaña, dous de Cangas e un de Marín. Trátase de garderías, empresas de servizos de xardinería e consultorías ambientais. Una iniciativa conxunta para estes tres municipios refírese a un programa de recuperación forestal de terreos queimados, promovida pola Mancomunidade de Xuntas de Montes do Morrazo. Nos lumes rexistrados o pasado agosto as lapas calcinaron 1.200 hectáreas entre Marín, Moaña, Cangas e Vilaboa. A iniciativa que aspira a ser apoiada polo Proder tenta recuperar o monte coa repoboación de frondosas e piñeiros, así como con actuacións para conservar o chan.