Amarante presenta as actividades do próximo curso con nova imaxe

Bibiana Villaverde
Bibiana Villaverde PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

23 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Amarante presentou onte os seus obxectivos para o curso 2006-2007 no seu encontro anual na sede de Caixa Galicia. Os novos propósitos inclúen o consumo responsable, a cooperación internacional e o reforzamento da ONG mediante a nova imaxe corporativa que presentaron onte. Os proxectos comezarán en outubro e consistirán en charlas e xuntanzas de concienciación sobre determinados temas como son a explotación no sector textil en Asia, chamada Campaña roupa limpa, a utilización adecuada dos beneficios e reservas por parte das bancas, denominada Finanzas éticas, e o comercio xusto, tamén coñecido como Programa bo café. O director de Amarante, Xoán Hermida, destacou a labor das oenega en Galicia, «que antes tiñan unha actividade moi fragmentada». Hermida declarou que as ONG galegas atópanse nun bo momento despois de asinar o Plan director de cooperación que planifica a colaboración das oenegés de cara a 5 anos. Sen embargo, o director critica o papel das institucións rexionais que «van moi retrasadas neste tema». Amarante dedicará tamén importantes esforzos á formación dos seus activistas e ás campañas habituais de comercio xusto. A ONG vende os seus produtos na sede da rúa da Ponte.