Ager utiliza a arte para amosar a realidade da emigración

La Voz CH. L. | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

En dous minutos | Semana de Achegamento Cine, teatro e música son as actividades programadas que se desenvolverán no Principal, na sala Teucro e na praza da Verdura, onde haberá una festa

09 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociacón Galega de Emigrantes Retornados, Ager, celebra a segunda edición da Semana do Achegamento, coa que pretende achegar a cultura dos paises da emigración galega e dar a coñecer como se vive o fenomeno do retorno na sociedade actual. Con tal motivo, ao longo da próxima semana, desenvolveranse unha serie de actividades lúdicas e culturais que foron presentadas polo traballador social e a secretaria da devandita asociación, Uxío Sotelo e Silvia Medina, respectivamente, coas que se pretende amosar o fenomeno migratorio en Galicia. Entre esas actividades figura a proxección de películas, representacións teatrais e exposicións de arte, ademais dunha festa popular con música e degustación de produtos típicos de distintos países. Os actos iniciaranse mañá, luns, coa inauguración, ás 19 horas, na Sala Teucro de Cultura, dunha exposición de pintura de dous artistas, o uruguaio Ismael Rodríguez e o Cubano Rafael Diéguez. A mostra permanecerá aberta ata o próximo día 22, en horario, de luns a venres, de 18.30 a 21.30 horas. Proxeccións Ademais, ese mesmo día comezan as proxeccións de películas, que se celebrarán ás 20.30 horas, o luns, mércores e venres. Pasaranse, respectivamente, Cidadán inmigrante, de Chus Domínguez; Viceversa, non me chames estranxeiro, do galego Xan Leira, e Galiza en Venezuela, da Fundación para el estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galicia. En canto ao teatro, o cubano Orisel Gaspar, e a galega-arxentina María Inés Cuadrado. Para rematar esta Semana do Achegamento, está programada unha festa popular que se celebrará o vindeiro sábado, día 16, na praza dá Verdura, coa degustación de produtos típicos de Uruguai, Cuba, Brasil e Arxentina, así como a actuación dos grupos musicais Banda da Asociación de Uruguaios polo Mundo, Filhos de Brown, Julien Carballo (Cuba) y Walter César (Uruguay). Os representantes de Ager fixeron un chamamento aos pontevedreses para que participen nos actos programados.