VISLANDA
15 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.XA se ten comentado aquí noutras ocasións o único atranco que atopou un bó fotógrafo sueco de visita por Galicia para tomar instantáneas bonitas. «Iste é un país fermoso -asegurou-, pero que non soporta un plano curto». Referíase a que as rías e o espectáculo que representan os montes fundíndose no mar eran impoñentes, pero que estaban estragados polos miles de vivendas que os salpicaban, cos seus postes da luz a levar cables colgando polos mesmos trazados dunhas carreteras imposibles, raquíticas e trazadas coa mesma planificación que fixeron os carromatos de hai séculos. Acompañaba a aquel fotógrafo un dos seus sobriños, que suxeriu que tiña a sensación de ter retrocedido no tempo despois de por un pé en Galicia. Era certo, na súa terra de orixe comezaron a planificar o territorio hai cincuenta anos. Aquí o problema parece estar en que hai quen quere correr agora demasiado.