CAPITAL E TAL | O |
04 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.EMBRIAGADO aínda pola resaca da Festa do Río, coa música de Budiño e o tecno de ata as cinco da mañá nos meu oídos, cabilando si é bo institucionalizar esta festa e dicirlle ós franceses e alemáns que sigan a pagar a limpeza do Lérez que nós xa nos ocupamos das festas de 140.000 euros, algo de súpeto me fixo saltar do catre. Non vai Evo Morales e nacionaliza os seus recursos naturais. Cando xa estabamos nun escenario pacifista diseñado para Pérez Rubalcaba e os ecos do tan manoseado Estatut parecían xa na lontanía, e o bo de Evo saca de novo á palestra tan maldito e balcanizante termo. Claro está que o Morales nacionaliza pensando nos bolivianos e na súa economía, ben, no caso dos cataláns algo de cartos por medio tamén había. Pero en fin, postos a por diferencias, a decisión de nacionalizar do presidente de Bolivia parece interesar ós seus gobernados ou polo menos algo lles vai nelo. Tamén está claro que nada ten que ver a motivación polo que sacou ó exército a tomalas multinacionais coa que tiñan Fraga ou Bono para sacar ao noso cara o País Vasco e Cataluña. Tampouco ten que ver esta decisión coa dalgúns que pretenden darlle carta de natureza alemana á nosa electricidade. Pero postos en materia, os bolivianos nacionalizan os seus recursos naturais para deter a esquilma continua dos mesmos polas grandes empresas multinacionais. Sen embargo, no noso avanzado estado autonómico nacionalizar o estado é esquilmalo en favor das novas nacións ou realidades nacionais, e non é que se me inunde a cachola de demagoxia, pero pasa que o que é nacionalizar para uns- defender os intereses dos cidadáns-, se convirte nun ir a non sei onde e a favor de non sei quen, no outro. En fin, non me imaxino ós nacionalistas de Pontevedra nacionalizando o Lérez dos excelentísimos chapuzóns. No que si todos estamos dacordo é que nacionalizar a Pernía e a Marcos Sena, grandes futbolistas, nos pode dar un Mundial de Fútbol. Eso sí que é nacionalizar en interés dos cidadáns, polo menos neste caso as enquisas amosan que nos interesa máis que a como nos chamemos nun preámbulo ou incluso nun artigo dun estatuto de autonomía.