NA ÚLTIMA | O |
25 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A MENDICIDADE ten mudado moito coa modernización do país. Cando a pobreza xeralizada movía a piedade cos que non tiñan nin con que calzar os pés, calquera signo dese tipo, que evidenciara a miseria, abondaba para logar unhas moedas. Agora pedir precisa de certa sofisticación. En Nova York acaban de convocar un concurso municipal para adxudicar as prazas que darán dereito a un posto de músico nalgunha esquina do metro de Manhattan. Non é xa só cuestión de control administrativo, pois é o propio mercado o que se encarga de regular. Hai ofertas de todo tipo. Mimos, malabaristas, actores, cantantes, poetas e outros enxeñosos compiten polo favor dos viandantes. Todas estas actividades poida que sexan consecuencia do esgotamento do vello modelo. Non é unha excepción. Adaptacións similares suceden tamén noutros campos. Sen ir máis lonxe, o voto pídese con comida, curtametraxes e ata con espectáculos de zancudos. Así, polo menos, a precampaña será divertida. Como ir ao circo.