NA ÚLTIMA | O |
23 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.HAI AQUÍ cerca xente que come eses peixes de nome variable e especie denostada que nadan nos portos, entre os aceites que caen dos barcos, e que se alimentan de todo tipo de residuos industriais. Aínda que a situación ten certo trasfondo de pobreza, trátase máis ben dun problema cultural. Os consumidores son inmigrantes africanos, que pescan o producto nas dársenas, donde os peixes desenvolveron un curioso sistema de adaptación a un hábitat hostil. O argumento que empregan para consumilo, difícil de rebatir pola súa contundencia e lóxica, é que unha caixa de peixe como ése sería tan cara nos seus países de orixe que poder collelos libremente resulta case un luxo. Seguramente, o verdadeiro luxo está en poder elexir. De momento parece que eles non poden. Poida que sexa só un mecanismo mental de defensa. Por aquí aínda perdura, non só entre homes como os que pescan no porto. Un amigo nunca comeu pan tenro na casa dos seus avós. Tardou anos en saber por que, pois aínda uqe o compran fresco cada mañá, sempre se servía o do día anterior. A explicación era sinxela. En tempos de fame, recén saído do forno o bocado apenas duraba. Un luxo que non se podía permitir. Sona a reseso, pero pasa aquí ao lado.