NA ÚLTIMA | O |
28 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.DE ENTRE todo o que antes se envíaba por correo, son as postais as que manteñen mellor o tipo. Coller un selo, pegalo nun papel, andar ata un buzón e meter alí palabras é un traballo que só se fai de boa gana en vacacións, cando hai certa necesidade de que quede constancia da viaxe entre os máis achegados. As postais teñen esa maxia, que agora probablemente se vexa incrementada. Para os amantes das profecías, hai estes días pilares sobre os que sustentar as súas teorías. A postal que lle chegou ao hosteleiro leonés no ano 2000 firmada por un tal «futuro Papa Benedicto XVI» resultou ser verdadeira. Non é que se teña comprobado que fora escrita por Ratzinger, que supostamente visitara entón a hospedería en León, senón que o selo, a tinta da letra e o mataselos que a cubren corresponden a aquela data. Parece suficiente para comenzar a alimentar profecías disparatadas, como as que falan da fin do mundo vinculada á sucesión dos Papas. Postos a imaxinar, tamén resulta interesante a simboloxía escollida para o escudo papal. Hai un mouro, un óso é una concha de vieira. Todos teñen o sus significado, pero non faltará quen vexa auténticos disparates aí. Porque contra a especulación non hai sentido común que triunfe.