Efecto psicolóxico

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

12 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

FARTO DE COMER mal, impulsado por una úlcera que ameazaba as paredes do seu estómago, decidiu mudar o bocadillo diario co que se alimentaba por unha especie de prato combinado, deses que consisten basicamente nun bocadillo desmontado. A mesma proporción de pan, idéntica cantidade de beicon e lombo, un ovo frito, ás veces dúas salchicas, e algo de leituga. Só varía a exposición. Pero o efecto psicolóxico tamén debe operar dalgunha maneira, porque as dores estomacais desapareceron só polo efecto de empregar o coitelo e o tenedor en comer o que antes collía coas mans. De cando en cando, volve á dieta do pan con sorpresa dentro, pero abandónaa enseguida. Entón, como unha especie de desintoxicacion, ao día seguinte escolle un lugar con comida elaborada para xantar. E alí, entre os fogóns que preparan comidas caseiras e productos da terra, anda xogando unha nena pequena, filla dos donos, con aspecto sanote e espíritu divertido, que gusta de facer rabiar aos pais. O treta consiste en pedir hamburguesa, que por suposto non figura no menú da casa, donde o polbo, a zorza e a empanada resisten, como poden, á guerra psicolóxica, cocida a lume lento, que remove con mestría a cativa.