En dous minutos | Teatro
08 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Co espectáculo Cultura para dar e tomar, co que Mofa -Evaristo Calvo- e Befa -Víctor Mosqueira- están a realizar unha xira por toda Galicia, ábrese hoxe un ciclo de actuacións que se levarán a cabo durante este mes de abril na Casa da Cultura de Monte Porreiro. Mofa e Befa dan vida a dous políticos exemplares que se enfrontan a un reto cotián, o de inaugurar unhas xornadas culturais nun país no que xa hai cultura para dar e tomar. E todos estamos convidados. Os actores adéntranse no corazón do Teatro Perralleiro nun espectáculo que conta co directo do singular músico Pitín Muñoz. A desta noite -ás 21.30 horas- será a primeira actuación das tres previstas pola concellería de Cultura para este mes no Centro Cultural de Monte Porreiro. O sábado seguinte será o actor vilagarcián Carlos Blanco quen podrá en escena Contando baixiño, un espectáculo onde as historias, o humor e a boa música están garantidos. E o sábado 23 rematará este ciclo cun monólogo cómico de Cándido Pazó, titulado Por certo... As entradas poderán adquirirse desde ás 20.30 horas, na billeteira do propio Casa da Cultura de Monte Porreiro. Costan 2 euros.