«Os polígonos son necesarios»

La Voz

PONTEVEDRA

?s polígonos teñen recibido duras críticas veciñais e incluso políticas no anterior mandato. No concurso se falaba de dous e agora hai 31. -¿Por que tantos polígonos agora? -Eu nunca estiven en contra do emprego dos polígonos. Hai unha lexislación urbanística de obrigado cumplimento (lei 9/2002 e lei 15/2004) que modifican a normativa. No chan urbano non consolidado a única figura legal para o seu desenrolo son os polígonos. Son necesarios sempre que queramos sacar adiante o plan. Se algún grupo dixera que non quere polígonos, sería o mesmo que dicir que non quere aprobar o PXOM. -Hai un grave problema coas licencias do medio rural. ¿Que cre que será más viable para a súa solución, a modificación puntual ou esperar ao plan? -Non creo que agardar ao PXOM sexa a vía máis rápida. O exemplo témolo nas modificacións que se tramitan para a gardería e o centro de saude. Creo que coa realidade existente é necesario buscar unha solución e a máis rápida parece que vai ser a modificación puntual. Eu son partidario de que sen deixar de traballar na aprobación do PXOM, se poidan impulsar desde o Concello modificacións puntuais para as licencias no chan rústico.