NA ÚLTIMA | O |
01 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.COMPARTEN espacio dende hai algúns días nas mesas da redacción desde a que se escribe esta columna papeis con fecha de caducidade inmediata e unha revista aberta por unha páxina que enfronta as fotografías de dous tipos que non teñen nada que ver. Un mostra un torso perfilado no ximnasio, con todos os músculos que a maioría só intúen debaixo da pel perfectamente definidos e simétricos. O outro, nunha posición moito máis innoble parece unha galiña. Ten o peito fundido, as articulacións amosan angulosas e todas as costelas podense contar sen medo a equivocarse. Como a revista andou un pouco sepultada polos papeis que van e veñen, moitos non repararan en que os homes que saen nas imaxes son en realidade a mesma persoa. A simple vista parece imposible, pero o texto que aparece ao lado aclara a calquera confusión. Trátase dun actor que mutou dun extremo ao outro por necesidades dos guións das películas nas que traballa. Polo visto é un alarde moi estendido ultimamente entre o gremio. O esforzo valórase moito polo público e tamén pola propia industria cinematográfica. Desde fóra parece moi pouco saudable. Ademáis dun disparate.