¡ARRE HO! | O |
22 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O MARTES pasado anunciábase a ampliación da pista do aeroporto da Coruña cunha obra fantástica que a fará voar sobre a estrada que vai a Compostela. «Coma o Charles de Gaulle de París», búrlanse algúns «Así no tendrán que desviarse aviones a Santiago», apresúrase a apuntar o alcalde coruñés. Un día despois, o asunto estrela é o anuncio de que Ryanair e Air Berlin, dúas das compañías emerxentes que ofrecen voos baratos, decidiron establecer a súa base para o noroeste peninsular no Porto. Desde finais deste mesmo ano un poderá viaxar directamente desde o aeródromo de Sá Carneiro a Nantes, París, Manchester, Amsterdam, Bruselas, Xénova, Túnez, Cabo Verde, Río, Caracas, Toronto ou Nova York, ademáis de conseguir vía Londres mil de enlaces a prezos de risa. O asunto é unha boa metáfora: nós ao de sempre, a poñer parches de chapapote -de deseño, iso si- nun aeroporto minúsculo, edificado a 60 kilómetros do máis importante do país, sempre buscando a fórmula para fastidiar ao veciño; e mentres, os portugueses, aos que algúns aínda toman por tontos, gañándonos pola man a batalla aérea. E como o orgullo patrio ten un límite, eu téñoo claro: vémonos en Sá Carneiro.