NA ÚLTIMA | O |
26 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NOS PAÍSES de Oriente Medio donde a relixión e a lei se mezclan, aportando así máis confusión que a orde que se lles supón as leises, a represión ten os efectos que adoita desencadear, é dicir, os contrarios aos esperados. A separación de mulleres e homes en case todos os ámbitos que trascenden a intimidade do fogar levou a aqueles países a ser os máis importantes consumidores de pornografía na Rede. A distorsión da realidade que supón unha sociedade cunha separación de sexos radical alimentou a curiosidade morbosa que algúns satisfacen despois en Internet. Por suposto, a prohibición non vale para nada máis que para que as revistas pornográficas deixen de colgar nos kioscos. Por iso non se entende de quen puido sair esa medida que vai consistir en non autorizar a venda de coitelos tamén nun país de fóra para frear as mortes por arma branca. Unha tontería, porque a inseguirdade non sae das fábricas de coitelos, senón da miseria que viven os que non teñen nin para mercar un.