NA ÚLTIMA | O |

28 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NA ÚLTIMA sesión que se proxectou nun dos grandes cines de Vigo, os espectadores compartiron butaca cunha enorme rata que saltaba entre as primeiras filas. A cousa non supuxo escándalo algún, porque, a pesar de que se trataba da despedida dun edificio nobre, que ocupara un lugar moito máis notable na historia da cidade do ruinoso e algo sucio ao que o relegaba o roedor coa sua presenza, os espectadores testigos apenas enchían unha ducia dos centos de butacas cos que contaba. A cousa non pasou de anécdota, e o edificio será recordado por ourtras moitas circunstancias, case sempre boas, que pouco terán que ver coa rata, pese a que o tamaño do animal era impoñente, e parecía máis feroz por efecto do xogo de luces e sombras que ofrecía o proxector. Moitas veces as historias que suceden nos cines superan ás que se contan nas películas que proxectan. Podería pasar agora con ese que se vai vender en Pontevedra. O Victoria sae a subasta por 6,8 millóns de euros e podería alcanzar moitos máis. Pasoulle ao balón que colocaron en Internet ao mellor postor. Chegou a dez millóns, que obviamente ninguén estaba disposto a pagar. A pena é que un cine só chegue a alcanzar o valor que ten un solar sobre o que especular.