NA ÚLTIMA | O |
21 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.OS MÓBILES, que comezaron sendo un icono asociado ao éxito pero co sambenito do elitismo colgado, hai tempo que perderon esa condición. Igual que os prexuizos con respecto aos aparatos, o seu aspecto mudou moito desde entón. Dentro dese cambio inclúense agora multitude de artificios estéticos que pasan por descargar imaxes que ilustren a pantalla dos teléfonos. Hai unha auténtica industria que se mobe con forza en torno as posibilidades téctincas que ofrecen os aparatos. A oferta é inmensa, e moi rentable, a xuzgar polos amplios espacios publicitarios que se dedican á súa promoción. O gusto co que están feitas as imaxes para as pantallas xa é outra cousa. Hai de todo, desde a bandeira española e a ikurriña, ata rapazas e rapaces espidos. Monos, gatos, nenos pequenos e formas xeométricas tamén teñen grande éxito. E cada vez que sona unha música dun artista no teléfono, a industria discográfica fai caixa. Tanta que supón xa o 10% da súa facturación total.