A poetisa Adela Figueroa Panisse presentou onte pola tarde o seu libro de poemas Vento de amor ao mar. A autora destacou que se trataba dunha obra comprometida, que «arranca coa crise do Prestige e remata co problema da guerra do Irak». Retrata, añadiu, «o sofremento dunha persoa que expresa o seu amor polas persoas, pola terra, polo mar, polo home...». A superación destas situacións culmina, ven a narrar Adela Figueroa na súa obra, constitúe una «afirmación da toma da consciencia de ser un pobo». A presentación realizouse na Galería Sargadelos e contou coa presencia, entre outras moitas personas, de Celsa Sánchez -autora da obra que decora a portada do libro e que se titula Morte no mar-, do pintor Jesús Herrero -artista que, curiosamenre, expón durante uns días parte da súa creación na mesma galería onde se fixo a presentación- e de Margarita Castejón -concelleira de Servicios Sociais no Concello de Pontevedra-.