NA ÚLTIMA | O |

14 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

UN EXTRANXEIRO ao que lle escocía ver como o dictador xa vellote aínda controlaba o país decidiu estampar a furia que lle provocaba aquela situación nunha parede. Escribiu: «Franco es muerto». O disparate revelou con claridade quen era o autor, que quixera en realidade dicir algo así como que a defunción do xeneral era inminente. Xogoulle unha mala pasada o nerviosismo por acabar rápido a pintada en combinación cunha aprendizaxe insuficiente da lingua, todo, ademáis sumado o guirigai que supón trasladar os verbos aos seus tempos correctos para un centroeuropeo, como era o caso. O texto acabárono emborronando antes de que a cousa sobrepasara a liña que separa a anecdota na que debera quedar o episodio para converterse en algo máis serio. Tendo en conta o esquema da época, todo era posible. As imaxes que se publican aquí ó lado son a revelación mesma de como teñen mudado as cousas para todos. Os rapaces que pintaron a parede de cincuenta metros de longo que se ve na foto tiveron ademáis de espacio, tempo. Coa calma que dá contar co permiso do dono andiveron aí toda a noite. Sen dúbida, cun resultado mellor que o obtido polo extranxeiro, que estaría, seguro, encantado de firmar tamén agora.