NA ÚLTIMA | O |
16 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O ÚNICO certo de dous feitos que pasan separados entre si son os propios acontencementos. O vencello que se faga entre os dous é sempre ficción. Ocorre, sen embargo, que ás veces as conxeturas e hipótesis que unen as cousas son tan fortes que acaban por colocar no seu lugar o que parecía un percance fortuito. Acontence a diario, incluso con feitos separados pon meses, anos ou séculos. Un recheo nun porto, por exemplo, é unha simple obra de infraestructura costeira. E un naufraxio é, no mellor dos casos, un drama puntual. Sen embargo, pódese tecer entre ambos unha liña de ficción de séculos. Dun barco fundido no 1.500, cheo de ouro, e de vidas á procura de fortuna. De segredos ocultos baixo o mar á espera de ser atopados para multiplicar á súa vez por cen as historias que viaxaban a bordo. Todo eso debaixo do mar ata que se fai unha obra costeira de modernización, necesaria, imprescindible para o desenvolvemento da economía da zona, que corta o fío de ficción que comunicaba ós dous acontecentos separados por séculos. Pasa todos os días, segundo os expertos en arqueoloxía mariña. Miles de historias borradas para sempre sen que se tecera o fío que as colocaría no seu xusto lugar.