NA ÚLTIMA | O |
29 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.AGORA que os paquetes de tabaco poñen ben claro de que vai o asunto, poida que as cousas comecen a mudar. Sen embargo, os datos que se publicaban hai uns días non contribúen ó optimismo. Case catro de cada cen rapaces pontevedreses de entre doce e catorce anos confesa que xa tirou de pitillo para ver a qué sabe. E dous admiten ser fumadores diarios. Son hábitos arraigados dos que ó país todavía lle costa desprenderse. Nunha reportaxe encargada para un suplemento semanal dos que se distribúen os domingos cos diarios nacionais, un xornalista abordaba hai algúns anos as diferencias entre familias similares de paises europeos distintos. No texto no que recolleu as súas impresións tras unha convivencia cunha familia sueca o autor mostraba a súa sorpresa por unha regra doméstica tan estricta que prohibía fumar incluso ós invitados. Para por en contexto a reacción de perplexidade que non puido conter, o español explicou que no seu país era normal que incluso os adolescentes fumasen diante dos pais. Moitas veces, mesmo os pitillos que éstes lles mercaban. Para a nai sueca resultaba tan incrible como o foi para o xornalista comprobar que ésta lle comprara á súa filla os condóns que estaba utilizando na habitación contigua. «Pero eso non mata», argumentou a nai.