NA ÚLTIMA | O |

31 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O razonamento de Sabino Torres é tan sinxelo como claro: o machismo non rematará no mundo do touro ata que haxa empresarias taurinas. Mulleres que impulsen desde arriba a carreira das novilleiras que veñan por abaixo coa forza das ganas. A igualdade cólase na vida así, sen facer ruido, conseguindo que cousas que parecían imposibles semellen normais. Claro que, como dixo Torres, é distinto que o impulso veña co alento feble dos que soplan por abaixo, que que caia como unha maza dende o máis alto. As estructuras de poder son así. Unha das mulleres máis influintes do panorma financieiro americano polo cargo directivo que ocupa nunha firma de primeira orde dixo que o poder é sentir como os demáis buscan constantemente a aprobación ós seus actos na mirada dun. Pois non é un bo método. Contrariamente á opinión máis extendida, non sos os ollos os que nunca minten, senón a boca. Basta con mirar o xesto desta cando do que se está a falar non é sinceiro. Os músculos derredor adoptan formas imposibles de controlar. Pode ser un arqueo do beizo superior, ou un estreitamento de ambolos dous labios. Pero é mellor mirar para os ollos e continuar a crer o que máis convén. Incluso cando se fala de igualdade.