24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
Fóra da aula, Pérez Varela fixo unha análise da actualidade política. O conselleiro considerou «normais» os malos datos do turismo en xullo. «Antes dun ano santo sempre baixa algo -comentou-. Ademais, está a influír a crise que hai en Portugal». Sobre a marcha de soldados españois a Irak foi taxante: «España está a exercer un forte liderato mundial; podemos estar orgullosos de ser unha potencia que está nun conflicto que nos afecta a todos».