Os males da pel

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

11 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ENTRE as medusas do amor do verán e as fanecas bravas que proliferan nas praias, San Benito non da feito. Os males da pel que provoca o rubor dos corazóns encendidos coas temperaturas de xullo e os bailes das romerías precisan as veces dunha contrapartida que apague os ánimos. O aceite do milagreiro pode ser unha boa opción. Xa advertiu Crisanto Rial, o párroco de Lérez, que o producto é infalible, que é simple cuestión de fé. Tomando por boas as palabras do relixioso, os beneficios debéranse poder aplicar non só os estragos das fanecas na epidermis, senón tamén as quenturas antes mencionadas. E a outras moitas penurias que teñen a súa manifestación na pel coa que a xente se enfrenta a vida. É o caso dos inmigrantes indocumentados do outro lado do estreito, ós que o Ministerio do Interior agora ten un pouco máis cercados. Poderá consultar os padróns municipais en busca de indocumentados en situación ilegal para logo botalos de España. Quédanlles ós inmigrantes poucos recursos, aparte da fe. Un baño milagreiro que lles aclare a pel para pasar desapercibidos entre os europeos, por exemplo. Ou rezar por un pouco de igualdade.