NA ÚLTIMA | O |

08 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NON sei que sería de Aicha Embarek. Agora cando debe de pasar dos vinte anos e hai case dez que pisou por primeira vez España. Sendo unha nena, veu, como acaban de facelo máis de cincocentos rapaces, a pasar unha tempada lonxe dos campamentos saharauis. Instalouse en na localidade leonesa de Vega de Espinareda para pasar dous meses. Sen embargo, tanto os seus pais, como a familia que a acolleu e o Frente Polisario acordaron que podería quedar en León ata que rematara os seus estudios. O último que souben dela foi polo seu pai de acollida, nunha convocatoria desesperada dos medios de comunicación para alertar sobre o que lle estaba a acontecer. Cando xa fixera con éxito a proba da selectividade para iniciar os seus estudios universitarios, unha viaxe para visitar á súa familia nos campamentos de Tindouf converteuse nunha trampa. Polo que sei, segue alí retida, sen posibilidade de comunicación co exterior. A solidariedade volvese de costas ás veces para mostrar a súa cara máis amarga. A contraposición a máis de medio millar de sorrisos de nenos saharauis nos aeroportos galegos é a de Aicha, que viu como lle abrían a porta dun futuro en Europa que agora non é máis que o po da haima na que malvive.