¡ARRE HO! | O |
02 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DIN OS gurús da moda que xa non se levan as camisetas con mensaxe. Non é raro lelo nos suplementos de moda dos xornais, ou nesas revistas nas que os e as modelos son tan perfectos que dan grima. Incluso teño visto nalgunha destas publicacións -de todo hai que ler, meus señores- un artigo tremendamente ferinte en relación con ese sano costume que teñen os seguidores do heavy metal de levar camisetas co nome do seu grupo favorito escrito encima. Pois vaia coa modernidade. Servidor está decidido a facerse unha zamarra que poña aquelo de «odio los pasodobles» que dicían Los Ilegales. É máis, creo que comunicar os pensamentos pola vía téxtil non está de máis. Así que, para axilizar as negociacións para formar goberno en Pontevedra, permítanme os dun partido e os doutro que lles recomende levar á mesa de debate a camiseta que vestía un dos seguidores de Nené Barral na súa frenética noite electoral: «Eu dareiche uns albariños se me das uns biquiños; así iremos todos nós para a cama ben quentiños».