NA ÚLTIMA | O |
21 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.POR moi interesante que estea a ser unha lectura parece excesivo afirmar que se perde o suspense no intervalo de tempo que lle leva a un darlle a volta á páxina para comezar coa seguinte. Foi, sen embargo, un dos argumentos de quenes se posicionaban en contra de que as escrituras pasaran de lerse enroladas a nunha sucesión de páxinas ordenandas. Ó final acabouse por impoñer o modelo máis funcional. O paso cara o soporte electrónico, do que se ven falando nos últimos tempos, resístese. Por un lado está o valor do libro como obxecto, que goza de non poucos adeptos. Pero a barreira que se debe traspasar é a da portabilidade, que permita ler unha pasaxe nun parque sen acarrexar cun ordenador ou ter que comprar un aparato que vale máis que unha boa biblioteca. A loucura pola tecnoloxía que despertaron os bos resultados ofrecidos polas empresas de Internet nas bolsas foi esmorecendo parello coa rendibilidade das mesmas. Sen embargo, a Rede cantinúa a ser unha ferramenta para facilitar a vida. Sen ir máis lonxe, os que presenten a declaración da renda a través de Internet terán a ventaxa de recibir a devolución nun só día. Eso si, terán que perder outro en ir en persoa a Facenda para solicitar a posibilidade.