Candea edita un libro sobre a vida do profesor José Grande que estivo agachado durante a dictadura José Grande Juncal foi un mestre de Vilanova que ensinou a leer e a escribir a moitos dos seus veciños entre o 1947 e o 1967. Emigrado a Bos Aires, á súa volta tivo que estar agochado durante tres anos nos montes do lugar para escapar da dictadura franquista. A súa vida e obra foron descubertas por Lucía Esperón, unha alumna do instituto Asorey, mentres facía un traballo de filosofía. Animada polo seu profesor, Lucía recopilou centos de escritos deste mestre que agora compoñen o libro publicado pola Asociación de Ensinantes Candea. O traballo foi presentado onte antes centos de veciños e amigos.
27 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.M. A. VILAGARCÍA Daba clases nun pequeno alpendre onde ensinaba a leer e escribir ós rapaces da parroquia de San Migel, en Vilanova, a cambio do que podían pagarlle. Así o recorda un dos seus antigos alumnos, que aínda lembra de memoria moitos dos seus poemas. Decenas de personas asistiron onte á presentación deste libro, no que se que recorda a vida dun dos mestre máis queridos de Vilanova. A publicación foi feita por una estudiante do instituto Asorey, que recolleu entre os veciños centos de escritos deste profesor. Neles narra a historia da súa vida, dende que emigrou para Arxentina con 19 anos. Máis de vinte anos despois foi expulsado do país pola súa actividade sindical, coa que continuou cando regresou a España. Nos seus escritos recóllense as penurias que pasaron aqueles veciños da zona que foron perseguidos pola dictadura franquista e como moitos deles foron asasinados en Curro. Tamén a el lle tocou escapar e, durante tres anos, tivo que permanecer agochado polos montes e casas de Vilanova para poder seguir con vida. Vivencias todas elas que recolleu nos seus escritos ata que se presentou ante o gobernador da zona e conseguiu a liberdade. Rematada a guerra, volveu ó seu traballo no mar ata que no ano 47 sufriu un accidente que o deixou inválido dun brazo. Foi entón cando abriu aquela pequena escola, a pesar de que nunca recibira formación coma mestre, na que ensinaba a leer e escribir ós rapaces da parroquia. No libro tamén se recollen algúns dos seus poemas, pois segundo relata un alumno tódolos días escribía un na pizarra para ensinarlles ós pequenos. Agora, toda a súa vida está recollida no libro de Candea A meoria dun mestre, do que se editaron medio millar de exemplares.