«En Galicia non hai tradición de literatura erótica porque a xente prefire as obras comerciais»

La Voz

PONTEVEDRA

XOÁN CARLOS GIL

JULIA TÁBORA A ENTREVISTA Manuel Lourenzo, gañador do primeiro premio de narrativa convocado por Edicións Positivas Manuel Lourenzo González acaba de ser galardoado co primeiro premio de narrativa erótica convocado por Edicións Positivas. «Infidelicidades» é o título da súa obra, un conxunto de doce relatos independentes cun único nexo: o contido erótico e sexual. Con vinte obras na súa traxectoria, Lourenzo é un veterán da literatura galega. Naceu fai 46 anos no concello de Vilaboa, aínda que leva moito tempo asentado en Pontevedra. É licenciado en Pedagoxía e profesor de Lingua e Literatura Galega. Algúns dos seus traballos máis representativos son «As paisaxes compartidas», «Tanis I o mocos» e a obra teatral «Auto do entroido».

17 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O concurso de narrativa erótica convocado por primeira vez pola editorial santiaguesa Edicións Positivas xa ten gañador. O escritor Manuel Lourenzo González acadou o primeiro premio pola súa obra Infidelicidades, que se publicará no vindeiro mes de novembro. Os traballos presentados a este galardón foron un total de dez, e xunto co gañador, quedou como finalista a obra que leva por título 60 Páginas que valen coma 69. Infidelicidades está composta por un conxunto de relatos independentes. Son unhas 150 páxinas que recopilan historias escritas polo autor nos últimos cinco anos. Os argumentos que presenta son variados, así como os personaxes e situacións, que fan un percorrido polos distintos xéneros literarios. Os asuntos policíacos ou situacións cómicas son algunhas de las tramas ás que recurre Lourenzo e que coinciden únicamente no fondo erótico e sexual Incluso nalgún destos episodios «hai algunhas historias de ciencia ficción». «Todos teñen unha gran variedades de personaxes e situacións», comenta Manuel Lourenzo. -¿Considera «Infidelicidades» unha obra puramente erótica? -Eu non a inscribiría exactamente dentro do xénero erótico. Son historias e sucesos nos que destaca esta compoñente, pero non de forma exclusiva. O meu libro Infidelicidades ten algo máis. -¿Cree que é consistente este tipo de narrativa na actualidade en Galicia ou ten pouca tradición? -Aquí non existe unha tradición moi forte neste tema. Non creo que haxa un público moi amplio interesado neste tipo de literatura que se escapa bastante das obras comerciais, máxime se está escrita en idioma galego. -¿Por qué entón non se pasa ó idioma castelán se sabe que vai a ter máis éxito entre o público? -Eu sempre escribín en galego e sei que escribindo en castelán tería máis facilidades á hora de vender libros. Pero non me interesa facer obras comerciais. Seguirei facendo o mesmo. -¿Cre que «Infidelicidades» é unha obra para lectores menores de dazaoito anos»? -Penso que é algo moi discutible que haxa cousas que os menores non podan ver ou ler. Tódolos días ven na televisión debuxos animados violentos e desagradables, e ó mesmo tempo se censuran determinas cousas sen ter porqué. É algo moi subxectivo. -¿Cal cre que é o perfil dos lectores que mercan narrativa erótica neste intre en Galicia? -En xeral, é un público concreto que xa coñece este tipo de literatura e que a le de xeito habitual.